Gonzalo Caballero reivindica o PSdeG como a esquerda "útil" de Galicia

O líder socialista intervén na conferencia celebrada en Madrid con motivo do 40 aniversario de Esquerda Socialista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este domingo na conferencia celebrada con motivo do 40 aniversario de Esquerda Socialista en Madrid, onde sinalou que "é importante ter claro por onde saír" da crise provocada pola pandemia da covid-19, se "pola dereita, con políticas de recortes e retrocesos, ou pola esquerda, con políticas de progreso e benestar".

A este respecto, Caballero defendeu "unha reactivación con xustiza social" a través de políticas progresistas. "Somos a esquerda útil aos galegos e galegas", asegurou o líder socialista, que afirmou ademais que o seu partido vai defender " unha reactivación con igualdade, xustiza social e servizos públicos".

Neste sentido, o responsable do partido socialista en Galicia remarcou o "papel fundamental" da formación "para construír unha sociedade en liberdade, igualdade e tolerancia fronte a unha dereita e ultradereita que implican un gran retroceso".

"Fronte a unha dereita conservadora que fai da política da inacción e do conflito a súa bandeira, deixando orfa á cidadanía galega no seu día a día", o líder socialista defendeu "unha reactivación pensando na cidadanía para non dar un paso atrás na consecución de dereitos sociais".

Destes temas conversou Gonzalo Caballero co expresidente socialista José Luís Rodríguez Zapatero, concretamente sobre "a importancia de fortalecer os dereitos e a protección social para alcanzar unha saída da crise con cohesión social". Seguindo esa mesma liña, o secretario xeral galego reivindicou o "traballo" do Goberno de Pedro Sánchez e subliñou como, nesta crise, "Europa cambiou a paradigma conservador da política económica".

Na súa intervención, ademais, Gonzalo Caballero apelou á militancia, á que deu "un papel chave", á "importancia" do debate de ideas, e á necesidade de ter un Partido Socialista "forte" para "apoiar ao Goberno de España" neste novo curso político.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co expresidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co expresidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta