O BNG colga a estreleira nun encoro para volver pedir a tarifa eléctrica galega

Tivo lugar no encoro de Belesar, en Portomarín, no marco acción reivindicativa contra o "baleirado kamikaze" dos encoros galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O BNG desenvolveu unha acción simbólica no encoro de Belesar, en Portomarín, para defender a aplicación dunha tarifa eléctrica galega e pedir o fin do "espolio enerxético que sofre Galicia". Na acción participaron diferentes cargos políticos e militantes da organización das comarcas de Lugo e Lugo sur; entre eles a deputada pola comarca e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.

Rodil anunciou que o BNG solicitará a creación dunha comisión de investigación na Cámara autonómica sobre o "baleirado kamikaze" dos encoros galegos. "Á actividade das eléctricas sobre as nosas presas hai que porlle luz e taquígrafos para depurar responsabilidades, tanto empresariais como políticas", asegurou a deputada nacionalista.

A viceportavoz do BNG sinalou ademais que os nacionalistas sacarán adiante unha proposta para "cambiar o marco eléctrico do Estado e fixar unha tarifa eléctrica galega", posto que Galicia, "como gran produtora de enerxía, ten dereito a decidir sobre o funcionamento dos seus recursos naturais e integralos a favor dos intereses dos galegos".

Ao fío disto, Rodil remarcou os diferentes impactos que a produción eléctrica deixa na Comunidade, como "danos ambientais e custos sociais, económicos e ecolóxicos". "O mínimo é que se poida compensar aos galegos e pór eses recursos en favor do desenvolvemento do noso país", incidiu a deputada nacionalista.

O BNG realiza unha acción simbólica no encoro de Belesar, en Portomarín (Lugo). BNG
O BNG realiza unha acción simbólica no encoro de Belesar, en Portomarín (Lugo). BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Pesadiño

Sempre poñen a pancarta de Madrid consume, cando se exporta máis enerxía galega Portugal.

3 nostrus

Non vou entrar sobre a ilegalidade do valeirado dos encoros, pero si eses encoros non se houberan feito xa estarían valeiros e agora estarían sin argumentos para protestar, inda que buscarían outros porque o deles e dar a murga porque esta xentiña é cansina e insaciable. Queren que a electricidade sexa barata e ao mesmo tempo non queren que se produza.

2 Riolo

Si pusieran la bandera de Galicia tendría un pase, pero al poner la estrella roja de los regímenes comunistas y genocidas logran lo imposible: que prefiramos a las eléctricas antes que a estos salvapatrias. Muchas gracias por recordarnos lo que es el BNG, la pantalla electoral de una secta comunista que como buenos comunistas aspira a quedarse con todo.

1 Vbg

Está claro que non tes na nin idea do que é o comunismo. Deberías escolarizarte e aprender. Na pública, por suposto.

2 Tino

Os “bos” galegos coma ti, sempre preferistes que os de Madrid nos roubasen e expoliasen antes que defender os intereses de Galicia, asi estamos desapareciendo grazas a Moita xente coma ti, ben adoutrinada pola “voz de Galijia”

1 José Manuel Souto Lamas

A Forza propia do país. Nacionalización da enerxia eléctrica, IMPRESCINDIBEL!

1 nostrus

Nacionalizacion da enerxia é tan obsceno como pedir a supresion do bloque.