O PPdeG quenta motores a unha semana dos primeiros congresos provinciais

Os líderes do PP en Pontevedar e Lugo mantiveron un encontro coas bases para explicar os seus programas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2021 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Os líderes do PP en Pontevedra e Lugo, Alfonso Rueda e Elena Candia, mantiveron este fin de semana senllos encontros con cargos e militantes para explicarlles os seus proxectos para o partido coa vista posta nos dous congresos provinciais previstos para a próxima fin de semana.

O candidato a revalidar o cargo en Pontevedra reuniuse coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, así como con portavoces e compromisarios da comarca do Morrazo dentro da campaña electoral interna que mantén de cara á cita do próximo sábado.

O Congreso de Pontevedra celebrarase pola tarde no Centro Social de Afundación coa presenza dunhas 700 persoas, a maior parte compromisarios de todos os municipios da provincia, segundo informa o partido, que recalca que é unha cifra "por baixo do aforamento máximo permitido" para velar polo cumprimento dos protocolos sanitarios.

Alfonso Rueda recoñeceu ante as bases que se presenta á reelección "con forza e con moitas ganas". Ademais, o tamén vicepresidente primeiro da Xunta subliñou que o PP é "garantía e de estabilidade e crecemento alí onde goberna", polo que será "fundamental traballar todos xuntos para recuperar a provincia".

Neste contexto, fixo unha chamada á unidade co obxectivo de trasladar os resultados das eleccións autonómicas do 2020 a todos os municipios de face aos comicios locais do 2023: "O PP non renuncia a ningunha alcaldía. Manteremos as que temos e aspiramos a gobernar no resto".

CONGRESO DE LUGO: DOMINGO 19

Pola súa banda, Elena Candia entrevistouse con afiliados no marco desta campaña interna para escoitar de preto as súas propostas e trasladarlles o seu proxecto para o PP lucense. A candidata a revalidar o cargo cargou non só contra o Concello de Lugo, xa que "o 90 por cento dos asuntos abordados na reunión foron queixas" sobre o estado da cidade, senón tamén contra a Deputación. Ambas as institucións están gobernadas polo PSOE e o BNG en coalición.

O Congreso de Lugo celebrarase o domingo 19 de setembro e Candia dirixiuse aos compromisarios para que voten en representación de todos os afiliados.

Elena Candia, viceportavoz do PP. PP
Elena Candia, viceportavoz do PP. PP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta