Se es universitario e non estás vacinado podes facelo sen cita previa

As universidades galegas inocularán este luns e martes --13 e 14 de setembro-- a estudantes e persoal dos centros as primeiras doses da vacina contra a covid sen necesidade de cita previa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

Así o anunciou o pasado mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á celebración do comité clínico que asesora ao Executivo galego no que respecta á pandemia.

Os puntos de vacinación habilitaranse nas sete grandes cidades galegas, nalgúns casos, nos centros masivos e, noutros, en lugares concretamente escollidos polas universidades para levar a cabo o proceso de inoculación.

Así, en Ferrol establecerase un punto de vacinación na Escola Politécnica Superior no Campus de Esteiro da Universidade da Coruña, onde poderán acudir tanto estudantes e persoal universitario como todos aqueles --aínda que non pertenzan ao ámbito da escola superior-- que queiran recibir a vacina. Ese punto estará dispoñible entre as 09,30 e as 14,30 horas e entre as 14,30 e as 20,30 horas.

En Santiago de Compostela, vacinarase no auditorio Vidal Bolaño, entre as 9,00 e as 20,00 horas. Na Coruña, pola súa banda, a vacinación terá lugar en IFECO --ExpoCoruña--; mentres que en Pontevedra, realizarase no Recinto Feiral de Pontevedra, en quenda de mañá e tarde; e en Ourense, fronte ao edificio de Ferro --Facultade de Ciencias da Educación--.

Os universitarios de Vigo poderán acudir ao pavillón de deportes do campus, onde teñen preparadas 2.500 dose. En Lugo, habilitarase un punto de vacinación no campus universitario, concretamente, na Facultade de Veterinaria, e cuxo horario de funcionamento será de 10,30 a 13,30 horas e de 15,00 a 18,30 horas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a apertura da autocita para vacinarse destinada aos adolescentes de 16 a 19 anos. Xa arrincou este xoves  a vacinación en Santiago cos menores de 29 anos.. CÉSAR ARXINA/EUROPA PRESS / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a apertura da autocita para vacinarse destinada aos adolescentes de 16 a 19 anos. Xa arrincou este xoves a vacinación en Santiago cos menores de 29 anos.. CÉSAR ARXINA/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta