O bus urbano gaña viaxeiros en Galicia en xullo por quinto mes consecutivo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Galicia regitró 3.557.000 viaxeiros de bus urbano en xullo, o que supón un 11,4% máis que no mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este incremento interanual supón o quinto consecutivo en Galicia, pois o último dato negativo produciuse en febreiro. Con todo, ese avance moderouse respecto de anteriores meses.

De feito, a comunidade galega conta coa segunda menor alza entre comunidades no sétimo mes, só por encima de Canarias (+11,3%). O aumento de viaxeiros en Galicia é 11 puntos inferior á media (+22,5%).

Do que vai de ano, entre xaneiro e xullo, hai un ascenso de pasaxeiros do 13,2% na comunidade galega, tamén neste caso menor que a media española (+17,1%).

Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo
Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta