O presidente de Hostalaría de Galicia tilda de "desastre" os botellóns e demanda "un maior control"

Critica que "se limite" ao sector hostaleiro "desde hai ano e medio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia, Cheché Real, denunciou o dano económico ao sector polos botellóns que se rexistran en distintos puntos de Galicia. O tamén presidente da asociación en Lugo cualificou de "desastre" esta práctica que ofrece "unha mala imaxe para cidades,pobos e por suposto ao sector faille po todo isto porque debido a iso soben os contagios e non hai ningún tipo de control".

Real fixo especial fincapé en que á hostalaría "está limidada desde hai ano e medio e o botellón, que está prohibido, segue campando ás súas anchas, sen ningún tipo de protocolo, sen uso de máscaras e sen distancias de seguridade".

"Isto dá unha imaxe penosa como sociedade e fai po economicamente ao noso sector", protestou, á vez que demanda un "maior control" por parte das administracións. Polo demais, sobre os novos protocolos no sector, manifestou que "isto vén derivado da demanda que se interpuxo contra a Xunta para non utilizar os certificados de garantía sanitaria" dos que dixo que "era e segue sendo a mellor posibilidade para non ter perdas económicas, nin para tocaraforos, nin a utilización de superficie".

Botellón
Botellón | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta