CIG denuncia que a Xunta busca recorrer o fallo que obriga a facilitar máscaras FFP2 aos traballadores de residencias

Dende o sindicato lamentan que o Goberno autonómico "incumpre o que dispón a normativa europea".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A CIG denunciou a intención da Xunta de recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que a obriga a facilitar máscaras FFP2 aos traballadores dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en centros residenciais. En concreto, o sindicato lembra que o fallo condenou tanto ao Consorcio como ao servizo de prevención Mugatra Cualtis a facilitar estes medios e a modificar a avaliación de riscos, respectivamente, tanto en centros de maiores como en escolas infantís.

A CIG lamenta que non se actualizou esta avaliación nin en centros residenciais de maiores, menores ou discapacitados, centros de días ou escolas infantís dependentes da Consellería de Política Social ao 'Risco III', o que "incumpre o que dispón a normativa europea".

O sindicato considera "irresponsable" pretender recorrer esta sentenza en materia de prevención de riscos cando "se está comprobando que non se cumpren as medidas de protección" que esixe a inspección de traballo nin se adecuaron protocolos e avaliación de riscos ao nivel III.

Desde a Consellería de Política Social matizan, pola súa banda, que nestes momentos están a actualizarse as avaliacións de riscos dos centros de servizos sociais, conforme á normativa en materia de prevención de riscos e á normativa do Ministerio de Sanidade publicada en xullo. "Os servizos de prevención son os que elaboran esas avaliacións de riscos de acordo á mencionada normativa e á situación epidemiolóxica actual", trasladan.

Máscara ffp2
Máscara ffp2 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta