A Atención Primaria galega necesita cen profesionais de pediatría en Galicia, segundo un experto

Un milleiro de pediatras de Atención Primaria participarán do 30 de setembro ao 2 de outubro no XXXV Congreso Nacional da Sociedade de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria, que se celebrará na Coruña de forma presencial e en formato virtual.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/09/2021 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O doutor Manuel Sampedro, presidente do comité organizador do congreso que a Sociedade Española de Pediatría Extrahospitalaria e de Atención Primaria celebrará desde o 30 de setembro na Coruña, cifrou entre medio centenar e un centenar o número de profesionais desta especialidade que se necesitarían.

Así o expuxo, a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa presentación deste congreso no que, entre outras cuestións, abordaranse temas como o aumento da patoloxía psicolóxica e psiquiátrica nos nenos polo contexto de pandemia, explicou.

Na presentación deste congreso, e sobre as demandas de médicos en Atención Primaria, aludiu ás reivindicacións feitas neste sentido ao Ministerio. "Farían falta 5.000 pediatras", manifestou en referencia á situación a nivel estatal. No caso de Galicia, indicou que son entre medio centenar e un centenar, en función do cociente que se aplique.

Pola súa banda, o presidnete do Colexio de Médicos da Coruña, Luciano Vidán, sobre as demandas dos profesionais de Atención Primaria para que se dea resposta aos problemas de "sobrecarga" no seu traballo, dixo que a xunta directiva comparte "o que os compañeiros din no diagnóstico" da situación. "Outra cousa é, a partir do diagnóstico, que é o que se vai a poder facer e é o que estamos a estudar", engadiu.

neno, vacina, pediatra, pediatría, infancia, nena, nenos,
neno, vacina, pediatra, pediatría, infancia, nena, nenos,

CONGRESO PEDIATRAS ATENCIÓN PRIMARIA

Un milleiro de pediatras de Atención Primaria participarán do 30 de setembro ao 2 de outubro no XXXV Congreso Nacional da Sociedade de Pediatría Extrahospitalaria e Atención Primaria, que se celebrará na Coruña de forma presencial e en formato virtual.

Así o informaron, en rolda de prensa, o presidente do comité organizador do congreso, Manuel Sampedro, e o seu homólogo do Colexio Médico da Coruña, Luciano Vidán. O congreso contará con relatores de ámbito nacional e internacional e ofrecerá, segundo os seus responsables, unha actualización de coñecementos e destrezas para mellorar as habilidades diagnósticas e terapéuticas dos asistentes.

Entre elas abordaranse novidades para mellorar a forma de afrontar a pandemia, como a mesa redonda sobre os efectos psicolóxicos do COVID-19 na infancia, información de expertos virólogos sobre o SARS CoV-2, as últimas investigacións en vacinas ou a atención telefónica da enfermaría e outros temas como ortopedia, urxencias, saídas profesionais para os residentes ou problemas co esófago.

Tamén se abordarán talleres prácticos sobre soño, asma, os cans como terapia en pediatría, dermatoloxía ou talleres de simulación avanzada con robots que simulan as reaccións dos nenos en situacións en tempo real. En rolda de prensa, Manuel Sampedro afirmou que, entre outras cuestións, o obxectivo é falar de temas de actualidade como o Covid, "que se abordará tanto desde o punto de vista virológico, clínico e psicolóxico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta