Temas: XUNTA EXAMES

Aberta dende este martes a inscrición á segunda convocatoria de probas Celga deste ano

As probas terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia abre este martes o prazo de instripción para a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega nos niveis 2, 3 e 4, a segunda que se realizará este ano. O Diario Oficial de Galicia publica este luns a orde da convocatoria, cuxo prazo estará aberto ata o próximo 4 de outubro.

As probas realizaranse entre os meses de novembro e decembro e de forma presencial, se a evolución da crise sanitaria pola covid-19 permíteo, en Santiago de Compostela e en Ponferrada, para os niveis Celga 2, 3 e 4, como vén sendo habitual.

En todo caso, as datas concretas serán publicadas xunto coas sedes, horarios e listaxe definitiva de persoas admitidas no Portal da Lingua Galega.

Exames Celga. XUNTA - Arquivo
Exames Celga. XUNTA - Arquivo

Temas: XUNTA EXAMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta