Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2021 | Actualizada ás 19:50
Ecoloxistas en Acción demanda a prohibición da minaría submarina en Galicia, xa que se trata de "unha das principais ameazas á integridade dos fondos mariños". Así, alerta de que esta actividade ten enormes impactos potenciais alí onde se realiza, con efectos tóxicos das plumas de sedimentos e metais pesados en toda a cadea trófica ata a liberación de gases de efecto invernadoiro nos fondos oceánicos, incluída a destrución irreversible da biodiversidade.
Ecoloxistas en Acción asegura que a frota pesqueira galega sería unha das máis expostas á súa implementación, posto que os efectos da minaría submarina poderían afectar, por exemplo, ao 10% das capturas de barcos galegos na dorsal do Atlántico.
Ante o risco de "desastre ambiental", a entidade pide a administracións locais, provinciais e autonómicas que insten o Estado para que promova unha prohibición da minaría submarina ata que se estude suficientemente os seus efectos no medio ambiente mariño.
Require que esa exclusión afecte as áreas mariñas protexidas e de importancia ecolóxica, incluído o banco pesqueiro fronte ás costas galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.