Ceos parcialmente cubertos con chuvascos treboentos este martes

A Coruña, Lugo e Ourense estarán en risco este martes por precipitacións e treboadas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Este martes, presentarase aire frío nas capas altas da atmosfera, polo que será unha xornada de moita inestabilidade en Galicia. De feito, A Coruña, Lugo e Ourense estarán en risco este martes por precipitacións e treboadas

Segundo detalla Meteogalicia, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos que serán treboentos e máis probables e intensos durante a tarde.

Mentres, as temperaturas descenderán, especialmente as máximas. Así mesmo, o vento comezará o día frouxo de compoñente sur e virará a nordés con avance da xornada.

Predicións meteorolóxicas. METEOGALICIA
Predicións meteorolóxicas. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta