A Xunta solicita ao Parlamento celebrar o Debate sobre o estado da autonomía en outubro, o primeiro en pandemia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda, solicitou ao Parlamento en nome do Goberno galego, que a celebración do debate de política xeral teña lugar nunha sesión plenaria o próximo mes de outubro, o primeiro en pandemia desde outono de 2019.

Salvo excepcións como en 2020, en que se celebraron eleccións autonómicas e, por tanto, levou a cabo o debate de investidura do presidente galego; cada ano o Goberno galego ten a obrigación de render contas de forma xeral ante a Cámara.

Como é habitual, este debate terá lugar no mes de outubro. Ademais, o Goberno de Feijóo adoita facelo coincidir con días previos á presentación do proxecto de orzamentos para o ano seguinte, un trámite que tamén ten a súa data tope o 20 de outubro e o Parlamento adoita facelo encaixar nas propias datas reservadas para os plenos ordinarios.

Segundo explicou a Xunta, a petición foi rexistrada na Cámara galega e o propio vicepresidente primeiro comunicoullo, persoalmente, ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

A sesión ten como punto único na orde do día a comparecencia do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para informar e debater sobre a situación da Comunidade Autónoma de Galicia. Os debates, tras un período de rexistro e negociacións, conclúen coa aprobación, se procede, das propostas de resolución que xorden do debate.

NOVE DEBATES

A Xunta cumpre, así, co establecido na lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, en que o artigo 48 establécese que o Goberno galego solicitará anualmente ao Parlamento a celebración dun debate de política xeral, ao comezo dun dos períodos ordinarios de sesións.

Desde que asumiu as rendas da Presidencia da Xunta, Feijóo afrontou nove debates de política xeral, é dicir, todos os anos salvo os electorais coa excepción de 2012. Ese ano, celebrouse na primavera (debido ao adianto de eleccións de 2009) e ese mesmo outono Feijóo foi de novo investido presidente autonómico.

Feijóo intervén na Cámara.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
Feijóo intervén na Cámara.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta