Máis de 4.300 sinaturas para pedir a tradución de Android ao galego

A petición vai dirixida a Sundar Pichai, Vicepresidente de Google e responsábel de Android e Chrome Apps

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2014 | Actualizada ás 16:24

Comparte esta noticia

Os promotores da campaña #AndroidEnGalego veñen de facer efectivo o envío das 4300 sinaturas recollidas para reclamar a Google a tradución da base de Android ao galego, un sistema operativo que empregan máis do 90% dos smartphones e tablets que se comercializan no País.

O escrito reclamado a Google para ter unha versión en galego en Android
O escrito reclamado a Google para ter unha versión en galego en Android

A carta, dirixida a Sundar Pichai, Vicepresidente de Google e responsábel de Android e Chrome Apps, recolle algúns dos argumentos nos que se basea a reclamación, como a importancia da comunidade lingüística do galego, de máis de 3 millóns de persoas en todo o mundo, ou a existencia dunha gran comunidade de desenvolvedores de aplicacións en Galicia.

Android en galego

“De conseguirmos esta tradución, calquera usuario poderá ter o seu dispositivo Android en galego, con independencia do fabricante”, sinalan os promotores da iniciativa, quen están dispostos a prolongar a campaña o tempo que sexa preciso até conseguir o seu obxectivo.

O envío dos apoios recibidos ás oficinas centrais de Google en Mountain View é o segundo contacto dos responsábeis de #AndroidEnGalego coa compañía, logo da xuntanza mantida en novembro nas oficinas que o buscador ten en Madrid, onde se lles informou de que en Google estaban a traballar para incluír o galego en próximas versións de Android, malia que sen confirmar datas.

A campaña

A campaña #AndroidEnGalego está impulsada polo blog especializado Mallando no Android e conta co apoio de máis de 20 colectivos, entre os que se atopan empresas de desenvolvemento de aplicacións, o operador de cable R ou as Universidades da Coruña e Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Xana

Dá noxo este país. Algúns son peores que os castellanohablantes. Eu supoño que será que se fixeron neofalantes en portugués e por iso non saben o que é o galego. Machiños, a traballar polo país, o país galego, non o país portugués que eses xa teñen outro goberno. Ó final temos ós imperialistas españois e aos imperialistas portugueses. Triste é ser galego

1 omur

Tu tampouco pareces saber muito. Deberías dicer "temos os imperialistas españois e os imperialistas portugueses" sen preposición "a". Razón non che falta, triste é...

4 omur

Stockholm Syndrome strikes again

3 Roirosal

En galego é "teléfonos intelixentes" e "tabletas" en lugar de "smartphones" e "tablets".

2 Hermerico

Em gallego, que cansativos...........

1 ridi

Vaia apoio ridículo. Din que a comunidade galego falante está formada por mais de 3 millóns de persoas, e ao mesmo tempo, so recollen 4 mil sinaturas... Ridículo.