Impulsan unha campaña informativa coas novas liñas de transporte urbano en Pontevedra

Xunta, Concello e concesionarias acordaron hoxe os últimos detalles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 16:33

Comparte esta noticia

Representantes da Xunta, do Concello de Pontevedra e das empresas concesionarias celebraron este martes unha reunión de coordinación para ultimar os detalles do renovado transporte urbano e para avanzar a posta en marcha dunha campaña informativa coas novas liñas.

O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez participou esta mañá na reunión de coordinación coa Dirección Xeral de Transporte da Xunta de Galicia e as empresas Rías Baixas e Monbús, de face ao comezo deste servizo que empezará a funcionar o próximo día 1 de outubro. Entre outros asuntos, no encontro revisouse o mapa de paradas para analizar a necesidade ou non de acometer algún cambio ou mellora.

Tamén se pediu incrementar a información na parada de Montecelo ou crear unha exterior na estación de autobuses, que estará situada na que, ata hai uns días, era a entrada dos vehículos á propia estación e que foi eliminada tras a posta en funcionamento do novo ramal de acceso pola avenida Josefina Arruti.

En canto á campaña publicitaria, a partir da próxima semana procederase a instalar toda a información nas marquesiñas e á colocación de sinalización específica en todas as paradas das rutas.

Haberá unha intervención específica na praza de Galicia e editaranse trípticos que serán distribuídos na estación de autobuses, nos propios vehículos ou nas caixas de correos de correo de todos os edificios de Monte Porreiro, un dos barrios máis beneficiados polas novas rutas polo incremento de frecuencias e a liña cara ao Hospital Montecelo.

Parada dun autobús do transporte urbano
Parada dun autobús do transporte urbano | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta