Alertan do aumento de delitos cibernéticos na Coruña, sobre todo en persoas maiores

Acordaron reforzar a colaboración policial en todos os ámbitos sa seguridade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/09/2021 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno acordaron reforzar a coordinación policial, na reunión celebrada no Palacio Municipal de María Pita da Xunta de Seguridade Local. Nela, alertouse do aumento de delitos cibernéticos, sobre todo en persoas maiores.

No encontro, presidido pola alcaldesa, Inés Rey, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, analizáronse os datos expostos polos corpos de Seguridade do Estado e os axentes municipais. En concreto, acordouse reforzar a colaboración xa existente e a coordinación policial en todos os ámbitos da seguridade: a loita contra a violencia de xénero, a ciberdelincuencia, o cumprimento da normativa contra a Covid-19 e a seguridade cidadá en xeral.

Concello da Coruña e Subdelegación do Goberno destacaron que os datos de conflitividade mantéñense con respecto ao ano 2019 aínda que, apuntan, que "non se debe baixar a garda ante o mínimo risco de que se produzan situacións de inseguridade".

Por outra banda, na Xunta Local de Seguridade alertou sobre o aumento dos delitos cibernéticos con respecto ao ano pasado e que afectan, sobre todo, ás persoas de maior idade. Trátase de estafas en liña ou fraudes informáticas que tentan enganar a persoas con pouca formación en novas tecnoloxías, segundo explican.

Xunta Local de Seguridade Cidadá da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta Local de Seguridade Cidadá da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta