Temas: CIENCIA CAMBRE

Cambre acolle esta fin de semana unha nova edición da Open Science

A cita contará con 40 casetas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O municipio coruñés de Cambre repetirá este fin de semana como capital da ciencia cidadá coa celebración do IV Open Science, organizada polo concello e pola asociación do IES David Buján XentD100cia.

A sede da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) acolleu o acto de presentación, a cargo do alcalde, Óscar García Patiño; do concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, dun dos impulsores da feira e profesor do instituto, José Viñas, e das codirectoras, Ana Rascado e Andrea Cadaveira.

A edición deste ano será a máis longa xa que comezará este sábado, 18 de setembro, ás 12,00 horas e pecharase o domingo, día 19, ás 20,00 horas.

Por outra banda, haberá dúas localizacións, o teatro do Parque da Igrexa e o CEIP Wenceslao Fernández Flórez, e a participación en cada unha das actividades estará supeditada á inscrición previa. Precisamente, co fin de garantir as distancias e evitar as aglomeracións, apostouse por ampliar o calendario de actos. A cita contará, ademais, cunhas 40 casetas.

Presentación da Open Science. CONCELLO DE CAMBRE
Presentación da Open Science. CONCELLO DE CAMBRE | Fonte: Europa Press

Temas: CIENCIA CAMBRE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta