O Barco suspende as festas en solidariedade coa familia da nova atopada morta con signos de violencia

O caso segue baixo segredo de sumario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2021 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O pleno do Barco de Valdeorras  acordou suspender a celebración das festas do Cristo na localidade en solidariedade coa familia da moza da moza de 29 anos cuxo corpo foi atopado sen vida e con signos de violencia o pasado venres.

Nun pleno extraordinario, a corporación municipal optou por manter unicamente o programa cultural dirixido aos nenos. Ademais, solicitou que "non se alimenten bulos que poidan facer dano irreparable" e que" se deixe traballar aos axentes policiais para que o peso da lei caiasobre quen cometeu o tráxico suceso".

Polo momento, o caso permanece baixo segredo de sumario e será o xulgado do Barco de Valdeorras o encargado de anunciar cando poderá repatriarse o corpo a Paraguay, o país de nacemento da vítima.

Precisamente, un dos irmáns desta muller explicou, a través dos medios locais, que a familia está en contacto co embaixador de Paraguay en Madrid para lograr a repatriación, que non será posible ata que a xuíza o autorice. Así mesmo, celebrouse unha concentración fronte á Casa Consistorial en repulsa ao suceso durante a que se gardou un minuto de silencio.

Patrulla da Policía Nacional. Coche patrulla. Axentes. Foto recurso de policías.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo
Patrulla da Policía Nacional. Coche patrulla. Axentes. Foto recurso de policías.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta