Chuvascos e descenso de temperaturas máximas este mércores

Haberá aire frío nas capas altas da atmósfera.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Este mércores, Galicia quedará nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, pero con aire frío nas capas altas da atmosfera.

Segundo detallou Meteogalicia, con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos. Ademais, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos, aínda que as máximas descenderán lixeiramente.

Así mesmo, na xornada do mércores o vento soprará de compoñente norte. Así, será frouxo pola mañá e aumentará ata moderado pola tarde.

Predicións meteorolóxicas para o mércores. METEOGALICIA
Predicións meteorolóxicas para o mércores. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta