A Xunta pide ao Goberno "maior implicación" para buscar unha solución industrial para a planta de Alu Ibérica

Este xoves os traballadores concentraranse ante a Delegación do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, pediu ao Goberno unha "maior implicación" para buscar unha solución industrial á planta de Alu Ibérica na Coruña. Segundo informa o departamento autonómico, así o manifestou despois de manter un encontro, en Santiago de Compostela, co comité de empresa da factoría coruñesa, previo ao que a Xunta, o Ministerio de Industria, os representantes dos traballadores, os sindicatos e o administrador concursal programaron manter o vindeiro venres.

Conde asegurou que, á espera do informe sobre a situación real da planta e das solucións que poida expor o equipo do administrador xudicial, é necesario traballar conxuntamente para atopar unha solución industrial que garanta o mantemento da actividade e dos postos de traballo na planta e que favoreza a entrada de novos investidores.

"Neste momento a proposta consensuada cos traballadores é seguir traballando xuntos, comité de empresa e Xunta de Galicia, implicando tamén ao Goberno, para atopar unha solución industrial e poder traballar co administrador xudicial neste difícil contexto, pero cun compromiso claro de atopar esa solución", sostivo Conde.

Mentres, consultado por Europa Press, o presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, remitiuse á concentración que farán este xoves ante a Delegación do Goberno en Galicia para facer unha valoración. Nela, avanzou informarán da reunión coa Xunta e da fixada para o vindeiro venres co Ministerio.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, reúnese co comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña. XOÁN CRESPO
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, reúnese co comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta