Caballero tacha de "baile de cadeiras irrelevante para Galicia" a saída do Parlamento de sete conselleiros

O secretario xeral do PSdeG di que Feijóo está máis preocupado por "alimentar titulares estériles" que por xestionar a pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considera que a renuncia á acta de deputado de sete conselleiros da Xunta supón un "baile de cadeiras irrelevante para Galicia". A saída da Cámara galega destes sete membros do Executivo autonómico foi anunciada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de control do pleno do Parlamento celebrado este mércores.

Para o responsable socialista, Feijóo fai "un xogo das cadeiras" no Consello da Xunta "en lugar de preocuparse" por asuntos como "a xestión da pandemia, as listas de espera ou a falta de profesores". "O Goberno galego está pendente de xogos florais internos sen ningún tipo de transcendencia para o país", incidiu Caballero, que afea a Feijóo que "apague a música" neste "xogo das cadeiras" despois dun ano de lexislatura para "manter como deputados" unicamente aos dous vicepresidentes, Alfonso Rueda e Francisco Conde.

En resumo, o socialista censura que o presidente autonómico "estea máis preocupado de alimentar titulares estériles nun exercicio de escapismo da sesión de control do Parlamento para esconder o seu fracaso na xestión da sanidade pública ou o despedimento de profesores de apoio no ensino público".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta