Rego insta o Goberno central a comprometerse coa redución da contaminación lumínica

Solicita tamén a retirada da obrigatoriedade de iluminación en glorietas e rotondas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para instar o Goberno central a modificar o Proxecto de Real decreto polo que aproba o regulamento de aforro e eficiencia enerxética, co fin de potenciar a redución da contaminación lumínica.

A formación nacionalista reclama que o texto inclúa as recomendacións da Estratexia de Biodiversidade 2030 da Comisión Europea e o Plan Zero Pollution, do mesmo xeito que solicita a retirada da obrigatoriedade de iluminación en glorietas e rotondas.

Rego denuncia que o texto "ignora completamente" os postulados recolleitos e estes documentos e advirte que na súa redacción actual "permitiría aumentar as zonas iluminadas" en lugar de servir para reducir o gasto ou a contaminación.

"É necesaria unha revisión completa para conseguir unha efectiva protección da saúde pública e do patrimonio natural e cultural, así como respectar as competencias na materia que posúen as diferentes administracións", resolveu.

O deputado do BNG, Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG, Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non sabemos se Néstor Rego está pensando na "factura da luz" ou no medio ambiente, pero sí sabemos que debera ler este artigo publicado no GC ! http://www.galiciaconfidencial.com/... A autoestrada AP9 seguiremos pagándoa (con rebaixas sen cuantificar) e se tivese máis luz sería moito menos perigoso conducir por ela. Será que Néstor está pensando en aforrarlle a AUDASA os custes dunha iluminación do século XXI ? Así non imos a ningures, pero a UPG sempre anda a refuxiarse nas "esencias" que non son precisamente "colonias"!