Casaio, a mina galega controlada polos nazis que agora podería ser BIC

Foi coñecida como "a mina dos alemás" pola presenza do III Reich durante a Segunda Guerra Mundial, na que a aproveitaron para abastecerse de wolframio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega abordará este venres 17 de setembro a historia da mina de Casaio. Farao no propio lugar, situado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, célebre por ter sido unha das minas de wolframio que abasteceu aos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. O xacemento ourensán, con todo, contou cun papel destacado na contenda por tratarse dunha mina xestionada directamente pola xente do Führer, chegando a ser coñecida na comarca como “a mina dos alemás”.

Mina de Casaio
Mina de Casaio | Fonte: CCG

A xornada, desenvolta in situ, fará parte dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural do CCG, e nela debateranse sobre o papel, posibilidades e límites do patrimonio industrial dentro das políticas en materia de patrimonio galego. No marco da xornada, titulada “A guerra esquecida: volframio, modernidade e patrimonio industrial”,  expoñerase o proxecto de recuperación e de declaración como BIC de doutros exemplos de posta en valor como a mina de Fontao.

“A modernidade e a conseguinte transformación definitiva das sociedades labregas tradicionais deu lugar un abondoso  patrimonio industrial que é  moi pouco recoñecido e valorado no noroeste peninsular. Na metade do século XX desenvolveuse neste contexto desenvolveuse unha industria particular que caracterizou a chamada "guerra do volframio" e que ten no noso país varios expoñentes: o poboado de Fontao en Silleda, as minas de San Finx ou o poboado de Casaio en Valdeorras”, apuntan dende a organización.

O programa contempla unha xornada pola mina e a aldea circundante que contará con exposición ao cargo de Rebeca Blanco-Rotea, Laura Martínez Panizo, Esther Aparicio, Diego Casal, Abel Aparicio e Manuel Gago.  A última sesión corre a cargo do grupo de investigación Sputnik Labrego, onde os seus membros (Francisco Alonso Toucido, Mario Fernández Pereiro, Laura Martínez Panizo, Carlos Tejerizo e Diego Torres Iglesias) presentarán o proxecto de declaración de BIC.

Esta xornada sitúase nunha liña de traballo da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que, segundo apuntan dende a organización, este semestre pretende poñer o foco no patrimonio industrial, encadrado nos chamados patrimonios emerxentes. A primeira cita tivo lugar o pasado 8 de setembro cunha xornada presencial en que analizaron un aspecto concreto do patrimonio industrial como é o ferroviario. Nesa xornada apuntaron á necesidade de conformar un inventario do inxente patrimonio que hai en Galicia vencellado ao ferrocarril e que vai desde o material (infraestruturas, pontes, maquinaria...) ata o inmaterial (historias vencelladas ás vivencias das persoas, ao sindicalismo derivado da construcións dos trazados….).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta