A alcaldesa de Camariñas ordena retirar os fondos municipais do Sabadell ante o peche da sucursal

O Consistorio trata de negociar con Abanca para que habilite "días especiais" para os afectados.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/09/2021 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua (PSdeG-PSOE), ordenou retirar os fondos municipais do Banco Sabadell tras coñecer a intención da entidade financeira de pechar a oficina que ten neste municipio da Costa da Morte. En declaracións a Europa Press, a rexedora explicou trátase dun acto simbólico en protesta contra o peche desta oficina, unha decisión que, como explicou, coñeceu a través dos propios veciños.

Así, detallou que o Concello tivo coñecemento do peche despois de que varios veciños recibisen unha carta na que se lle comunicaba que esta sucursal deixará de prestar servizos a finais de outubro. Ante iso, sinalou que "o primeiro" que decidiu facer é "trasladar estes fondos" a Abanca, entidade que ten unha oficina no centro urbano de Camariñas e outra na Ponche do Porto.

Preguntada sobre o futuro destas oficinas, confiou en que continúen abertas e sinalou que desde o Consistorio tratan de negociar con Abanca para que habilite "días especiais" para que os afectados polo peche da do Sabadell poidan trasladar as súas contas.

Ademais, a través dunha mensaxe publicada no perfil de Twitter do Concello, a rexedora advertiu de que "os atentados" contra o rural galego "non son exclusivos dunha entidade". "Non podemos seguir tendo o diñeiro de todas e de todos en entidades que non respectan a vontade popular", sinalou.

Banco Sabadell. EUROPA PRESS - Arquivo
Banco Sabadell. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta