A Xunta destina máis de 35 millóns á adquisición de materiais para os robots cirúrxicos Da Vinci

O prazo máximo de duración do acordo marco e a súa prórroga é de catro anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou este xoves o investimento de 35,2 millóns de euros para que as sete áreas sanitarias de Galicia conten co material consumible necesario para o funcionamento dos robots cirúrxicos Da Vinci.

A licitación, da que informou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, realizarase pola fórmula de acordo marco mediante único lote e cunha única empresa. O prazo máximo de duración do acordo marco e a súa prórroga será de catro anos.

O presidente da Xunta lembrou que se están investindo 20,5 millóns de euros nestes robots cirúrxicos Da Vinci e incidiu nas súas vantaxes, xa que melloran a destreza nas intervencións laparoscópicas, incrementan a precisión e facilitan os movementos do especialista. Ademais, para os pacientes supoñen unha maior seguridade e calidade e, no que respecta aos hospitais, "reducen a estancia postoperatoria".

O obxecto do contrato será a subministración de materiais dun só uso, imprescindibles nas cirurxías realizadas con este sistema, tales como distintos tipos de grapadoras coas súas correspondentes cargas, así como pinzas, cánulas, instrumental sellador, obturadores, cables, portagujas e tesoiras, entre outros.

Robot Da Vinci usado en hospitais do Sergas en Galicia.. CONSELLERÍA DE SANIDADE
Robot Da Vinci usado en hospitais do Sergas en Galicia.. CONSELLERÍA DE SANIDADE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta