Animalistas urxen á Xunta a prohibir a caza na reserva da biosfera da Ribeira Sacra

Libera pon o foco na "cantidade indeterminada de chumbo de munición" que hai nos montes deste enclave.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera! urxe á Xunta a prohibir a caza na recentemente declarada reserva da biosfera de Ribeira Sacra e Serras de Oribio e Courel para "garantir unha correcta protección da biodiversidade" neste espazo.

A través dun comunicado, a organización pon o foco na "cantidade indeterminada de chumbo de munición" que hai nos montes deste enclave, como consecuencia de "décadas de actividade cinexética sen que se teña avaliado o seu impacto real sobre o chan e sobre os propios animais silvestres".

Ademais, Libera! lembra que a caza e a liberalización das batidas contra os xabaríns "non supoñen unha vantaxe nin unha protección real" para os cultivos. Por iso, a asociación reivindica unha maior dotación orzamentaria para financiar "a totalidade" dos métodos preventivos en zonas agrícolas e apostar por estudar sistemas como a "contracepción" dos animais.

De igual modo, os activistas consideran que a proclamación da Ribeira Sacra e as Serras de Oribio e Courel como reserva da biosfera poden ser "unha oportunidade de negocio sustentable" a través de actividades de "turismo ético", algo que ven "incompatible" coa caza na zona.

Canóns da Ribeira Sacra / Europa Press. / Europa Press
Canóns da Ribeira Sacra / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta