Atopan falecido a un octoxenario nunha piscina particular en Bergondo

Foi un familiar quen o descubriu.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

O corpo dun home octoxenario foi atopado este venres sen vida nunha piscina dun domicilio particular na localidade coruñesa de Bergondo.

Así o informou o 112 Galicia, que indicou que sobre as 13,00 horas un familiar do home chamou ao servizo de emerxencias para informar do sucedido no lugar de Aldea Arriba, en Santa Marta.

Tras iso, por parte do CIAE-112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Garda Civil, da Policía Local, dos Bombeiros de Betanzos e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo. No lugar, e a pesar dos esforzos dos servizos médicos, os equipos de intervención confirmaron que non se puido facer nada por salvarlle a vida ao home.

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta