A CIG acusa de "raquítica" a suba do SMI fronte aos 1.150 que marca a Carta Social Europea

A central nacionalista considera que o descolgue da CEOE do acordo para subir o SMI é "unha escenficación" entre a patronal e o Ministerio de Traballo que encabeza a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) cualificou de "raquítica" e "miserable" a subida do Salario Mínimo Interprofesional ata os 965 euros que, a xuízo da central nacionalista, "frea o avance" cara a alcanzar os 1.150 euros mensuais que marca a Carta Social Europea.

Nun comunicado emitido este venres tras coñecerse o acordo subscrito entre Goberno e os sindicatos CCO e UGT do que se desmarcou a patronal, a CIG incide no que a alza do 1,5% no salario mínimo "non compensa a perda do poder aquisitivo" ao estar dous puntos porcentuais por baixo do aumento do IPC en Galicia en agosto (3,9%).

Así, cren que o incremento pactado dificulta a posibilidade de alcanzar a contía que marca a Carta Social Europea para o SMI en España, fixada no 60% do salario medio, é dicir, 1.150 euros.

Por tanto, a central nacionalista considera que o descolgue da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) do acordo para subir o SMI é "unha escenficación" entre a patronal e o Ministerio de Traballo que encabeza a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz.

"Con este pacto prodúcese unha escenificación que non é crible e na que a patronal interpreta un desencontro co propio ministerio cando os seus representantes participaron na comisión de expertos que avalou este incremento insuficiente", incidiu o secreatrio confederal de Negociación Colectiva do sindicato, Paco Sío.

Por tanto, a CIG reclama ao Goberno que "deixen de mentir e de enganar á clase traballadora" e adopte un incremento "real" do SMI ata os 1.150 euros mensuais, á vez que se manteñen as subidas anuais vinculadas ao IPC.

Rolda de prensa de delegados de CIG.
Rolda de prensa de delegados de CIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta