Tellado aproveita a visita de Yolanda Díaz para demandarlle que "exerza de galega"

Relama ao Goberno central "carga de traballo" inmediata para o naval de Ferrol.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reclamou ao Goberno central "carga de traballo" inmediata para o sector naval da ría de Ferrol, para advertir que a comarca non pode "esperar ata o ano 2023" a que a ocupación das fragatas F-110 "chegue aos talleres" dos estaleiros.

"Nós o que pedimos ao Executivo de Pedro Sánchez é que acelere este proxecto, e mentres isto non chegue, o que lle pedimos ao Goberno de España é a construción dun barco ponte para a Armada Española, do que xa exista a enxeñaría e que nos permita comezar a traballar canto antes", salientou o popular.

Ditas manifestacións realizounas en Narón , durante unha visita á sede da empresa auxiliar Electrorayma, asentada no polígono industrial de Río do Pozo, e que presentou unha demanda xudicial na que reclama ata 4,7 millóns a Navantia, por obras realizadas nos dous buques AOR para a Armada de Australia e que a empresa naval pública non recoñece.

Tellado reclamou "respecto e coidado" polas empresas auxiliares locais, que son "as que fan competitivo o sector naval a nivel internacional e xeran o maior número de empregos" Neste sentido, avanzou que levará a situación destas compañías tanto ao Senado como ao Parlamento de Galicia. "É evidente que toda a comarca de Ferrolterra depende do sector naval e é evidente que se este sector é competitivo é grazas tamén ás auxiliares, que son tamén as que sustentan a moitos postos de traballo, como é este caso, con 300 empregados".

Ademais advertiu de que, "se Navantia lle debe 4,7 millóns de euro a Electrorayma, está a pór en perigo os seus 300 postos de traballo".

PACTO DE ESTADO POR FERROL

Miguel Tellado criticou que ante as sucesivas propostas do Goberno galego "de chegar a acordos entre todas as administracións e axentes implicados" en favor da recuperación económica da comarca, asinando un Pacto de Estado por Ferrol, a resposta do Goberno socialista "foi o silencio".

"Pois Pedro Sánchez segue sen contestar á petición do Executivo autonómico para sumarse a esta iniciativa", resolveu, para referirse á visita estes días de Nadia Calviño e Yolanda Díaz a Galicia e pedirlles que "exerzan de galegas, que se comprometan con Galicia e nomeadamente con esta comarca que tanto depende do Goberno central".

O secretario xeral do PPdG, Miguel Tellado, nun acto en Ferrol.. PP DE GALICIA
O secretario xeral do PPdG, Miguel Tellado, nun acto en Ferrol.. PP DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta