Sempre presente

A situación que está a vivir España polo desafío soberanista que está a realizar Artur Mas dende Cataluña resulta sorprendente. A súa postura, dende todos os puntos de vista, é rexeitable.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 31/01/2014

Comparte esta noticia

Manuel Fraga, estou certo, non a compartiría. A súa convicción estaba moi lonxe deste plantexamento disgregador. El tivo sempre unha especial capacidade para entender Galicia e España como unha mistura única; para defender Galicia dentro da pluralidade de España; unha especial sensibilidade para entender esa realidade territorial que agora algúns queren converter en excusa para avogar pola diferencia na vez, como fixo el, de apelar á política como nexo de unión e como ferramente para facer da diversidade un elemento de riqueza e fortaleza.

Hai uns días rendemos homenaxe na súa Vilalba natal a don Manuel, cando se cumprían dous anos do seu falecemento. Nese acto saliu a relucir, entre outros moitos aspectos da súa vida, esa concepción de Estado á que aludo, e que segue igual de viva e forte hoxe pese a que, uns poucos, pretendan, sen ningún argumento de peso ademais, poñer en dúbida. A figura de don Manuel é sempre motivo de lembranza e tamén de deber, porque é moito o que lle debemos, derivado precisamente desa alta concepción de Estado e de deber de estado que tan arraigado tiña.

Nestes tempos nos que o descrédito e o desapego entre cidadáns e políticos é profundo, tamén a figura e o exemplo de Fraga resultan de obrigada alusión, como en outras tantas cousas. A súa honestidade é irreprochable e unha guía perfecta do que debe ser un bo político, sempre preocupado pola cousa pública, sempre entregado á defensa do interese xeral.

O legado de Manuel Fraga, dentro da súa amplitude e variación, é sempre unha útil e rica guía do bo pensar e do bo actuar. Unha guía que moitos temos presente no noso día a día e á que deberían botar unha ollada de cando en vez os que non a teñen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog