Unha exedil do BNG de Fene será xulgada o martes por suspender unha moción de censura en 2017

A Fiscalía pide para a exconcelleira dez anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, así como para o dereito de sufraxio pasivo por un delito de prevaricación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolle o martes, día 21 de setembro, o xuízo contra unha exedil do BNG de Fene acusada dun delito de prevaricación por suspender o pleno no que se ía a debater unha moción de censura en 2017.

En concreto, en outubro dese ano, esta edil que integraba --xunto a outra concelleira do PP-- a mesa de idade do Concello suspendeu o pleno para debater a moción de censura presentada por PP e Somos Fene contra o goberno local do BNG e Esquerda Unida, encabezado por Juventino Trigo (BNG), por considerar que non se cumprían todos os requisitos legais.

No seu escrito de acusación, a Fiscalía pide para a exconcelleira dez anos de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, así como para o dereito de sufraxio pasivo por un delito de prevaricación.

O Ministerio público sinala que a edil decidiu "de forma unilateral e abusando da súa posición" que a moción deixara de reunir os requisitos legais e acordou, facendo valer o seu voto de calidade, a suspensión do pleno, o que evitou o debate e a votación da moción.

A suspensión do pleno, conforme lembra a Fiscalía, levou a cabo a pesar de ser informada pola secretaria do contido e alcance, coñecendo resolucións xudiciais previas e contra o criterio da outra concelleira da propia Mesa de idade.

A decisión foi declarada nula en 2018 polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, que estimou un recurso presentado polo PP, que declarou "nula de pleno dereito" a decisión desta edil.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta