O BNG reclamará que a oficina de Muface en Santiago non peche ademais de manter a atención presencial

O deputado do BNG no Congreso denuncia que o traslado deste servizo deixará sen atención presencial directa a "miles de persoas" do sur da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2021 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, ha reigstrado iniciativas na Cámara para que a oficina de Muface en Santiago non peche o próximo 30 de agosto, tal e como xa anunciou o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, e manteña a atención presencial.

A través dun comunicado, o Bloque esixe que "non se recorten servizos" nin se obrigue aos mutualistas a empregar "en exclusiva" os medios dixitais sen contemplar "as dificultades persoais ou técnicas que isto pode supor" para moitos deles.

O Goberno central anunciou o peche desta oficina e o traslado do servizo á Coruña a finais de agosto. Esta mesma semana, o Ministerio xustificaba a decisión en facer "máis eficiente o labor de atención aos mutualistas" da provincia e explicaba que a oficina da capital galega era só delegada, posto que "non realiza trámites directamente".

O deputado do BNG no Congreso denuncia que o traslado deste servizo deixará sen atención presencial directa a "miles de persoas" do sur da provincia.

Así, Rego levará ao Congreso iniciativas para reclamar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que paralice o peche porque "existe unha gran demanda e unha necesidade evidente" de manter aberta "e en pleno funcionamento" esta sede.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, en rolda de prensa.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pechan caixeiros de Abanca, pechan oficinas de Muface, algún día van volver pechar o Congreso e así xa non lles dará a lata Néstor Rego ! De feito xa pecharon o Congreso (o seu funcionamento real) durante 6 meses longos e aquí non pasou nada de nada... disque era a pandemia... Eu tamén lle estou a pedir xustiza a Nadia Calviño pero seica está ocupada en dar voltas por Galicia adiante... https://twitter.com/00Gamela/status... Pedir é o que nos queda... pedir á porta da Igrexa foi o que fixemos toda a vida ¿non si?