Vinte concentracións en varios puntos de Galicia contra a suba da luz: "a enerxía é un dereito universal"

Unha delas tivo lugar en pleno centro da Coruña, fronte ao Obelisco, onde o sindicato, arroupado polos nacionalistas Francisco Jorquera e Mercedes Queixas, entre outros, criticaron "a escalada imparable do prezo da luz", así como "a nula actuación de todos os gobernos, presentes e pasados".

Por E.P. | A CORUÑA | 19/09/2021 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Centenares de persoas concentráronse este domingo por toda Galicia para esixir a baixada da factura da luz, unhas concentracións nas que defenderon "a enerxía como dereito universal" e nas que aseguraron que "a luz sobe, e a xente non chega a fin de mes".

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocara para este domingo, ás 11,30 horas, 20 concentracións por todo o territorio baixo a lema 'Non á estafa da luz. Recuperación das Centrais Hidroeléctricas, Tarifa Eléctrica Galega'.

Unha delas tivo lugar en pleno centro da Coruña, fronte ao Obelisco, onde o sindicato, arroupado polos nacionalistas Francisco Jorquera e Mercedes Queixas, entre outros, criticaron "a escalada imparable do prezo da luz", así como "a nula actuación de todos os gobernos, presentes e pasados".

"Ningún goberno deu respostas, cando cada un, desde as súas competencias, podía tomar medidas", asegurou un dos vogais da manifestación, que afeou ademais a actitude do partido popular, "especialmente lamentable", do que dixeron "rexeitou as propostas apoiadas pola CIG, como a tramitación da Lei de cambio climático ou a tarifa eléctrica galega".

Estas iniciativas, afirmaron, "demostran que hai mecanismos legais" para "pór fin á mafia das eléctricas". Neste sentido, ao berro de 'soberanía para a nosa enerxía' e 'enerxía galega, ganancia madrileña', instaron ás administracións a frear o "espolio do patrimonio galego" e a "recoñecer a luz como un dereito universal, un ben de primeira necesidade".

"Estamos a vivir un novo proceso de colonización enerxética cos eólicos, que ameazan as nosas terras, cando aínda non repararon a súa débeda ecolóxica con Galicia. Necesitamos unha verdadeira transición ecolóxica galega, que poña fin ao oligopolio das eléctricas", sinalaron.

PETICIÓNS ÁS ADMINISTRACIÓNS

Así as cousas, relataron as súas peticións para as administracións, entre as que se atopan a implementación de políticas públicas que garantan o acceso á enerxía, a creación dunha empresa pública galega de electricidade, a fiscalización ás concesións hidroeléctricas en vigor para garantir que se baixa o prezo da luz, a modificación transitoria dos impostos da luz e a creación dunha tarifa eléctrica galega, "cunha redución do 30% da peaxe eléctrica por ser Galicia rexión produtora".

Ante unha situación que cualificaron de "indignante" e na que entran en xogo "vidas e postos de traballo dignos", os convocantes aseguraron que é "cuestión de vontade política". "Se a hai, pódense cambiar as cousas. E se non, correspóndelle ao pobo galego, de forma contundente e determinante, mobilizarse para facer políticas que favorezan á maioría do país e non aos sacos das mafias eléctricas", aseveraron.

Antes de finalizar a concentración ante a sede da Subdelegación do Goberno na cidade herculina, na Avenida da Mariña, instaron á xente a volver reunirse o 3 de outubro, para cando xa chegaría a seguinte conta da luz, "e se fai falta, queimar a factura".

MOBILIZACIÓN EN SANTIAGO

Outra das concentracións tivo lugar en Santiago de Compostela, onde tamén estivo presente o BNG, esta vez co deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego. Rego demandou a intervención pública no sector eléctrico "ante a subida continua do prezo da luz" e reclamou a reforma do sistema eléctrico estatal para garantir unha transición social e territorialmente xusta, comezando pola nacionalización das grandes compañías eléctricas".

Ademais, o deputado insistiu en "a necesidade" dunha Tarifa Eléctrica Galega. "Entendemos que é xusto que un País produtor e excedentario de enerxía, que xa pagou e continúa pagando as consecuencias sociais e ambientais desa produción, teña algunha compensación, que supoña un beneficio para Galicia" explicou.

"Carece de sentido que, producindo enerxía á beira das nosas casas, teñamos que pagar o mesmo que alguén que a consome a 600 quilómetros de distancia", defendeu.

APAGAMENTO ELÉCTRICO E CACEROLADA

Rego informou de que o BNG está a levar a cabo unha recollida de firmas "que mostra o enfado e descontento social". A este respecto, Rego convidou á xente a participar no acto simbólico do próximo 8 de outubro, un apagou eléctrico masivo e unha cacerolada entre as 22,00 e as 22,30 horas "para protestar contra a subida continua do prezo da luz".

O nacionalista avanzou tamén Así que rexistrarán novas iniciativas conxuntas no Congreso a próxima semana con propostas para acabar coa subida do prezo da luz e reclamar que "se a luz é un ben público, debe estar ao servizo do desenvolvemento económico e social", e "non só para o lucro das grandes eléctricas".

Concentración na Coruña pola subida do prezo da luz. EVMM
Concentración na Coruña pola subida do prezo da luz. EVMM | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta