Feijóo cualifica de "parche" as medidas do Goberno para baixar a luz

O líder do PPdeG considera que esta política é "desatinada" e denuncia a crise de Alcoa San Cibrao: "A maior inestabilidade que lembramos na Mariña"

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 19/09/2021 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de "parche" as medidas aprobadas este Goberno para baixar o prezo da luz e lamentou a súa política enerxética "desatinada" e de "ruptura".

Desde Outeiro de Rei, durante a clausura do Congreso do PP de Lugo que reelixiu a Elena Candia como líder provincial, Feijóo desexou que "oxalá o Goberno acerte" con estas medidas, pero matizou: "Despois de estudalas, podo asegurar que isto é un parche".

"Isto é unha patada para adiante, para pagar o prezo da luz nos próximos meses, cando acaben estas pseudomedidas, aínda igual ou máis caro que agora", salientou.

E é que, para o mandatario galego, a transición enerxética deseñada polo Executivo de Pedro Sánchez é "unha ruptura que o único que produce é un incremento exponencial do prezo da luz, que prexudica ás familias, ás medianas e pequenas empresas, aos autónomos e por suposto á industria do aluminio", avisou.

ALCOA SAN CIBRAO

Disto serviuse Feijóo para denunciar a situación da factoría de Alcoa San Cibrao, situada en Cervo: "Atopámonos ante a maior inestabilidade que lembramos na Mariña". O líder do PPdeG lembrou que "se chegaron a acordos" cos gobernos tanto de Zapatero como de Rajoy, polo que a planta "non ten ningún problema de viabilidade na Mariña".

"Que ocorrería se no canto de estar está factoría de aluminio primario en Lugo estivese en Barcelona? Que ocorrería se estivese nunha provincia vasca? Pois que habería unha solución e aquí non", afeou. Neste contexto, avanzou que o PP de Galicia "vai seguir defendendo aos traballadores de Alcoa": "Porque somos un partido que defendemos aos traballadores porque se non, como nos poden votar os traballadores?".

"PARTIDO DA LIBERDADE"

Finalmente, Feijóo, que presumiu que o PP é o "partido da liberdade, do mérito e do esforzo", aproveitou para "agradecer o agarimo inmenso de tanta xente" que entrega á formación "a cambio de nada".

De igual modo, do mesmo xeito que a recentemente reelixida presidenta provincial, asegurou que os obxectivos que se marcan agora é recuperar os gobernos do Concello e da Deputación de Lugo.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén ante o Congreso Provincial de Lugo.. PPDEG
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, intervén ante o Congreso Provincial de Lugo.. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta