A Xunta quere que se sigan cazando lobos e recorrerá a prohibición porque "carece de sentido" en Galicia

Lembra que no país hai "máis de 90 mandas" e que hai que "lograr un equilibrio" coa actividdade agrogandeira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2021 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A Xunta recorrerá nos tribunais e pedirá medidas cautelares ante a prohibición de cazar lobos, unha decisión que ao seu xuízo "carece de sentido" en Galicia con "máis de 90 mandas" e que reivindica ser "capaz" de lograr un "equilibrio" entre a actividade agrogandeira e a preservación desta especie.

En rolda de prensa, a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, mostrou "sorpresa, frustración e indignación" tras coñecer a publicación no boletín oficial do estado (BOE) da orde que inclúe ao lobo ibérico (Canis lupus) na listaxe de especies en réxime de protección especial desde este martes.

Deste xeito, a partir deste mércores o seu caza quedará prohibida en toda España, segundo recolle o texto do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta