Gonzalo Caballero acusa a Xunta de "recortar dereitos" aos galegos do rural

O secretario xeral do PSdeG reclama "unha nova política de vertebración territorial".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/09/2021 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este martes o concello lucense de Navia de Suarna para mostrar o seu "compromiso" cos galegos que viven no rural en contraposición a unha Xunta que "recorta dereitos" nestas zonas.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita Navia de Suarna (Lugo) e reúnese co seu alcalde, José Fernández, e con rexedores e portavoces socialistas en concellos da zona
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita Navia de Suarna (Lugo) e reúnese co seu alcalde, José Fernández, e con rexedores e portavoces socialistas en concellos da zona | Fonte: PSdeG.

Acompañado do alcalde do concello, José Fernández, Caballero reclamou ao Goberno autonómico "unha nova política de vertebración territorial", para que "todos os galegos teñan os mesmos dereitos, vivan onde vivan".

"Feijóo anunciou que ía ser a lexislatura do rural, pero segue recortando dereitos aos galegos que viven no rural", recalcou.

Ademais, dixo que "non pode ser que a Xunta non busque mecanismos nin para xerar emprego, nin para coidar o territorio, nin para dar dereitos en sanidade nin en educación pública no rural igual que nas cidades".

Así, o secretario xeral socialista reivindicou "un goberno progresista en Galicia que apoie o medio rural e defenda a sanidade e a educación públicas para todos os concellos" de Galicia, "con política de xeración de emprego que chegue a todo o territorio e dea oportunidades de vida aos galegos que viven en municipios do interior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Do rural falan cando lles convén ! Se cando esta política cultural a subvenciona PSOE + PP resulta que os que saímos perdendo somos tódolos cidadáns de Galicia ! https://twitter.com/00Gamela/status... Conste que Angel Carracedo non cobra un euro pola conferencia (coma sempre) pero Faro de Vigo non contento con establecer "muros de pago" e chupar subvencións encubertas agora convirte a Cultura no seu Negocio Particular ! Panda de caraduras !!!