Os farmacéuticos da Coruña celebrarán o seu Día Mundial cunha homenaxe aos falecidos pola pandemia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Os farmacéuticos da provincia da Coruña sumaranse á celebración do Día Mundial do Farmacéutico, que se conmemora o sábado, día 25, cunha homenaxe aos falecidos pola pandemia, segundo informaron, na presentación desta iniciativa.

Trátase dunha conmemoración organizada pola Federación Farmacéutica Internacional (FIP). Nesta edición, e a nivel nacional, quérese destacar a confianza, proximidade e labor asistencial do farmacéutico, e a súa achega á saúde pública.

No caso da provincia coruñesa, os farmacéuticos centran os actos deste día en render unha homenaxe aos 26 traballadores do sector a nivel estatal falecidos a consecuencia da pandemia. Para iso, preparou un poema da poetisa Yolanda Castaño dedicado a todo o colectivo, que será difundido a través das redes sociais e medios de comunicación.

Así mesmo, está previsto que, durante a noite do venres ao sábado, se iluminen de cor verde diferentes edificios públicos e monumentos por distintas localidades para conmemorar este día.

Nesta conmemoración, segundo o Colexio de Farmacéuticos da Coruña se quere destacar tamén o "esforzo" realizado polo colectivo nos últimos meses no contexto da pandemia e a colaboración nesta materia.

Presentación dos actos para conmemorar o Día Mundial do Farmacéutico. COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DA CORUÑA
Presentación dos actos para conmemorar o Día Mundial do Farmacéutico. COLEXIO DE FARMACÉUTICOS DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta