Anuncian un bono para conseguir descontos do 50% en libros, filmes, entradas e videoxogos

Estará dotado co 50€ e chegará a 39.000 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia porá en marcha un 'bono cultural' dotado con 50 euros cada un que permitirá aos usuarios obter descontos do 50% en produtos audiovisuais, libros, videoxogos e entradas para institucións culturais, salas de cinemas, concertos e espectáculos escénicos. A medida foi anunciada este xoves polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que destacou o compromiso da Xunta co sector cultural.

En concreto, a Administración autonómica destinará a esta medida un total de 1.950.000 euros, co obxectivo de mobilizar ata catro millóns tendo en conta que o bono ofrece descontos do 50% do prezo en consumo de ámbito cultural. "Buscamos incentivar a demanda cultural, favorecer o fortalecemento do sector", sinalou Feijóo, que avanzou que a medida chegará a 39.000 usuarios e consistirá nun bono de 50 euros que permitirá obter descontos da metade do prezo do produto.

Os usuarios, que deberán ter máis de 18 anos, deberán descargar o bono dunha páxina web que a Xunta porá en marcha para emitir os cupóns en formato dixital a través dun código QR  "Este bono dá dereito ao 50% de desconto, cun máximo de 50 euros", incidiu o presidente, que dixo que o prazo se abrirá o 1 de novembro e manterase ata o 31 de decembro.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. DAVID CABEZÓN @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta