O Concello de Cambados denuncia un grafiti feito nun muíño do século XVII e xa prepara a súa restauración

O edil de Patrimonio sinalou que se contactou cun restaurador que prepara a memoria que deberá ser remitida á Xunta para proceder á recuperación dun dos dous únicos muíños de mareas de Galicia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/09/2021 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O Concello de Cambados denunciou ante a Garda Civil a aparición dun grafiti nun muíño de mareas do século XVII situado na parroquia de San Amedio de Corvillón e comezou a preparar a súa recuperación.

En declaracións a Europa Press, o concelleiro de Patrimonio, Xurxo Charlín, explicou que un traballador municipal de mantemento alertou do grafiti este luns, aínda que recoñeceu que puido realizarse con anterioridade dado que se atopa nunha zona pouco visible.

Posteriormente, indicou que se solicitaron informes á Policía Local e ao técnico municipal de Patrimonio para xustificar a protección do muíño de mareas da Seca, recoñecido como monumento polo Ministerio de Cultura, así como que os documentos se presentaron ante a Garda Civil para denunciar os danos.

Ademais, o edil de Patrimonio sinalou que se contactou cun restaurador que prepara a memoria que deberá ser remitida á Xunta para proceder á recuperación dun dos dous únicos muíños de mareas de Galicia.

En todo caso, resaltou que a sensibilidade do granito que conforma o muíño, restaurado a comezos deste século por César Portela, supón que a súa recuperación deba levar a cabo "con coidado". Así mesmo, tachou a realización do grafiti, cuxo "gran tamaño" destacou, de "atentado cultural" e lembrou que o muíño da Seca data da segunda década do século XVII.

Grafiti realizado no muíño de mareas. CONCELLO DE CAMBADOS
Grafiti realizado no muíño de mareas. CONCELLO DE CAMBADOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta