Na boa dirección

España, na boa dirección é o lema da convención nacional que esta fin de semana está a celebrar o Partido Popular en Valladolid. Coido que o mesmo título resume perfectamente o contexto no que estamos.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 04/02/2014

Comparte esta noticia

Claramente o encontro destes días está encamiñado a preparar a vindeira cita electoral do mes de maio na que elexiremos os nosos representantes no Parlamento europeo, pero tamén é un acto de claro e inequívoco respaldo ás actuación desenvolvidas durante estes pouco máis de dous anos polo Goberno que lidera Mariano Rajoy. Facer un repaso e un balance das reformas acometidas polo goberno neste tempo e os resultados acadados con elas é case obrigado.

Coma é obrigado dicir, por moito que algúns lles pese, que as medidas adoptadas permitiron que superáramos a recesión e estemos en disposición de voltar a medrar. As reformas estructurais nos ámbitos económico e social, así coma en materia de emprego, permitiron correxir diversos desequilibrios existentes na nosa economía e, o máis importante, garantir o noso estado de benestar. En consecuencia, é obrigado, aínda admitindo os sacrificios que conlevou este proceso, recoñecer tamén que entre todos, e poño énfase no de todos, logramos escorrentar non únicamente o pantasma da recesión, tamén recuperamos a confianza internacional no noso país.

Na convención centrámonos tamén, como dixen, en establecer as liñas xerais que conformarán o programa electoral do Partido Popular para os comicios europeos. As tres ponencias articuladas para recoller ideas, a Ágora de diálogo, na que tiven a honra de participar, e o mesmo manifesto electoral que se dará a coñecer esta mesma mañá serán o punto de partida que servirá de base para o programa electoral que, de eiquí a maio, dende o Partido Popular iremos trasladando á sociedade. Europa é importante e determinante para o noso presente pero ainda máis para o nosos futuro. Penso que ésta debe ser unha das ideas que, de entrada, temos que ter moi presentes á hora de irnos familiarizando coas propostas que cada unha das formacións políticas que concurrirán ás eleccións irán explicando pormenorizadamente nos vindeiros meses.

Tamén é convinte ponderar a relevancia de contar cun partido forte, con capacidade para influir nas decisións que se adopten en Europa, e que defenda con contundencia os intereses do noso país, en contraposición coas opcións que, no fondo e ata na forma, son antisistema. A recente negociación da PAC é un exemplo claro desta necesidade. Dende a postura do Partido Popular, considero que o lema España, na boa dirección simplifica axeitadamente o punto no que afortunadamente nos atopamos neste intre. É básico saber onde estamos para marcarnos obxectivos e enfilar con decisión hacia onde queremos ir. jmbarreiro.blogspot.com.es/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog