Así está a Atención Primaria: médicos "obrigados" a gardas "por burofax"

Aconteceu en Ribeira. O Sergas defende que foi "unha medida puntual".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 23:14

Comparte esta noticia

CIG-Saúde do Barbanza denunciou que o persoal facultativo do centro de saúde de Ribeira é "obrigado" a cubrir as gardas na PAC "a golpe de burofax" e solicitou a dimisión dos responsables da xerencia sanitaria compostelá, polo que ve "unha mala xestión" do centro de Atención Primaria.

Segundo relatou, durante boa parte do verán e, "máis a miúdo nestes últimos fins de semana", a Xerencia "está a obrigar aos trabjadores" de Primaria do centro de saúde a "realizar gardas ese mesmo sábado e domingo tirando e burofax, entre as 14,00 e as 15,00 horas.

O sindicato, que alerta da "falta de persoal", censura esta práctica e que "non se respecten os descansos" dos traballadores.

"IMPERIOSA NECESIDADE ASISTENCIAL"

Consultada a área sanitaria, trasladou a Europa Press que se tratou de "unha medida puntual, empregada en casos excepcionais, unha vez esgotadas todas as opcións habituais para cubrir as baixas imprevistas".

"Recorreuse á obrigatoriedade, previamente comunicada telefonicamente, ante a absoluta indispoñibilidade de facultativas que puidesen realizar a garda e por razóns imperiosas de necesidade asistencial, para poder garantir a asistencia sanitaria á poboación", explicaron as fontes sanitarias.

Consulta nun centro de atención primaria do Sergas
Consulta nun centro de atención primaria do Sergas | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta