O Sergas celebra esta fin de semana oposicións para cubrir 400 prazas de varias especialidades

As probas terán lugar no recinto feiral de Silleda.

Por Galicia Confidencial | Silleda | 24/09/2021 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra) continuará esta fin de semana coas probas selectivas da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde, iniciadas o pasado 18 de setembro. Uns exames que, nesta ocasión, son  para cubrir 400 prazas. 

Probas de oposición en Silleda
Probas de oposición en Silleda | Fonte: PICASA - Arquivo.

O sábado día 25 están convocados os aspirantes a cubrir 286 prazas de facultativo especialista de área das especialidades de anestesioloxía e reanimación, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, farmacia hospitalaria, medicina preventiva e saúde pública, nefroloxía, neuroloxía e psiquiatría. A entrada das persoas aspirantes dará inicio ás 9:30 horas. 

O domingo día 19, a partir desta mesma hora, están convocados 870 aspirantes das categorías de facultativo especialista de área de cirurxía torácica, microbioloxía e parasitoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, radiofísica hospitalaria, médico asistencial do 061 e técnico superior de anatomía patolóxica e citoloxía, para cubrir 114 prazas. Delas, 63 corresponden a facultativo de área (329 aspirantes), 10 a médico asistencial do 061 (109 aspirantes) e 41 de técnico superior de anatomía patolóxica e citoloxía (432 admitidos).

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta