Tres anos de cadea por participar nun piquete

Carlos Rivas e Serafín Rodríguez están a espera de ingresar na cadea por ser acusados dun delito contra o dereito dos traballadores mentres participaban nun piquete durante a folga do transporte de 2008.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 04/02/2014 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Tres anos. Esa é a pena que terán que cumplir Carlos Rivas e Serafín Rodríguez por participar nun piquete informativo en Vigo durante a folga do transporte de mercadorías na provincia de Pontevedra, en abril de 2008.

Policías e piquetes nunha das últimas protestas en Vigo
Policías e piquetes nunha das últimas protestas en Vigo

A Audiencia de Pontevedra ratificou o fallo en 2011 por un delito contra o dereito dos traballadores e tras aplicarselle a máxima pena posible, tres anos, que é a que recolle o artigo 315.3 do Código Penal. Por iso, e logo de numerosas apelacións, os dous traballadores agardan, agora, o seu inminente ingreso en prisión.

De feito, o pasado mes de decembro, o Goberno denegou unha petición de indulto. Con todo, os secretarios xerais de CCOO, UXT e CIG en Galicia volveron a solicitar a medida de graza con carácter de urxencia e lembran que os dous traballadores teñen fillas menores de idade que coidar.

Non houbo altercados

Carlos e Serafín compareceron este martes ante os medios para lembrar aquel fatídico día. Eles, xunto con outras 80 persoas forn a rotonda de Bouzas e, alí, a Policía identificounos e advertiulles de que recibirían nos días sucesivos unha denuncia.

No seu informe, a Policía recolleu o lanzamento de pedras a camións, aínda que eles o negan. Tamén as centrais sindicais que aseguran que non se produciron danos físicos, nin materiais. De feito, o secretario comarcal da CIG en Vigo, Serafín Otero, suliñou que varias das persoas que foron identificadas naquela folga foron absoltas por danos, incluídos estes dous traballadores.

Crítcias de CCOO, CIG e UXT

"Son sentezas políticas e de carácter ideolóxico e non son un caso illado, senón que forman parte dunha estratexia para criminalizar aos movementos sociais e sindicais. Pero por moito que queiran, non nos van a amedrentar", destacou. "Se queren batalla, vana a ter", dixo ao tempo que dixo que este tipo de sentenza fai "moito dano á Democracia". 

"Esta sentencia é vergoñenta, desproporcionada e inxusta, sobre todo cando se deixa na rúa a corruptos e ladróns", dixo a Amelia Pérez, secretaria comarcal de CCOO en Vigo.

Pola súa banda, Domingo Barros, presidente da comisión xestora de UXT en Vigo, recalcou que piquetes informativos como os que protagonizaron estes dous traballadores "hainos a miles", e que o seu "único delito" foi "pelexar polos dereitos laborais e por un convenio xusto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Odio de clase

Da noxo lendo aos pequeno burgueses de "mentalidade" (porque a clase media quedou onde a arpa de Bécquer) comentando por estes pagos e amosando o seu nulo contacto co mundo laboral e a sua vida de parásitos sociais. Xa sabemos que os piquetes son coartivos, pero porque defenden o dereito a folga. Eu se secundara a folga coma era a miña vontade, quedaría automáticamente na rua, grazas aos piquetes e a miña peocupación pola miña seguridade a secundaba e o tirano xefe o comprendia. Estes loitadores van a cadea por moverse polos traballadores, que facedes os parásitos sociais dende as teclas do ordenata?

2 sedlex

O de piquetes informativos é un sarcasmo. Son piquetes coactivos, que empregando métodos violentos ou coraxudos pretenden impedir o dereito a traballar a quen non quere facer folga. Se o sindicalismo está desprestixiado na nosa sociedade, tamén é polos chamados "maleantes informativos".

1 ganhán

Cabalgamos, logo rebuznas...

2 sedlex

De vitoria en vitoria, pasando polo talego...

3 Lumeator

O Sermasa´s prevaricator este debería saber que os piquetes tenhem natureza coercitiva reconhecida incluso polos Tribunais. Pero estes só sabem de prevaricar e usas fraudulentamente quantas normas hai.

1 Foucellas

A realidade imponse. Levo tempo dicindo que a unidade de acción é neecsaria, dixando a un lado "matices ideolóxicos" e "contradiccións". As manis hai que facelas en sábado e despois das oito, porque senón, só van os afiliados. Hai que facer unha folga xeral en defensa do dereito a folga e aos piquetes informativos. Hai que estar na rúa xuntos, anque algúns sexa españoleiros, porque fronte nosa temos ao FASCISMO da dereita(PP,VOX, FALANJE, UPyD,CIU,PNV,...) Non me trabuco, o PNV deixou de lado a Castelao e ao goberno no exilio. Caede da burra, temos que loitar xuntos contra o fascismo da dereita española, e sobre todo "organización e unidade".