O galego universalízase cun novo grupo de investigación nos EE.UU.

Créase na Universidade de Wisconsin-Milwaukee o Grupo de Investigación en Estudos Galegos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/02/2014 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

En setembro de 2013 botaba a andar o Grupo de Investigación en Estudos Galegos da Universidade de Wisconsin-Milwaukee da man dun incansable investigador e impulsor do noso idioma, Gabriel Rei-Doval, e co obxectivo de universalizar e afondar no estudo da lingua galega.

Gabriel Rei-Doval, a esquerda de todo, nun recente acto con Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo na USC
Gabriel Rei-Doval, a esquerda de todo, nun recente acto con Ramón Villares, Ernesto González e Henrique Monteagudo na USC

Polo momento, este grupo xa ten varios procectos de investigación en marcha, algúns deles moi ambiciosos. Así, e ademais do seguimento e activismo a favor da campaña MLA Galician Studies, para incluír o galego na Asociación de Linguas Modernas, está a organiza-lo simposio (Re)Mapping Galician Studies in North America, que terá lugar o 2 e 3 de maio de 2014.

Este congreso pretende ofrecer un punto de encontro para facilita-lo intercambio de ideas críticas y de propostas disciplinarias sobre o presente e o futuro dos Estudios Galegos no mundo académico norteamericano.

Mapear a presenza do galego nas publicacións

Entre outros proxectos, este grupo tamén está levando a cabo un estudio para a creación dunha sección permanente en Estudos Galegos na Asociación de Linguas Modernas, un proxecto de investigación para mapear a presenza de publicacións relacionadas co galego e unha enquisa sobre a vida e as contribucións dos galegos. 

Ademais de Rei-Doval, neste grupo tamén participan activamente Iria Basoa Calvo, Isabel Méndez Santalla, José A. Losada Montero, Katie Ginsbach, Paula Rodríguez Abruñeiras e Sabela Juan Taborda, Vera Vázquez López.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 ixtlan

A verdade, os argumentos reintegratas (ver abaixo) son cada vez máis parecidos ós do nacionalismo español. El por que se parecerán tanto? Será porque representan a mesma visión imperialista, unha con capital en Madrid e outra en Lisboa? Moi desquiciado deben estar o lusismo para denigra-la presenza e proxección internacional da lingua galega. Noutrures chamábanlle a isto "autoodio". Quizais tamén teñan algo que ver co feito de que quen así escribe nada sabe do que é nin de como funciona o mundo académico norteamericano. Coitados! É san e saudable viaxar e ver mundo. Animádevos!

1 Ixtlansemellaparvo

Debería vostede analizar por que razóns escribe como escribe; quen, cando e como. Só despois é cando pode ter unha resposta clara de onde está sita a capital do galILGo e por onde lle vén a vostede o imperialismo....

5 Sógalego

Se queredes portugués xa sabedes, invadide Tui e dalí para riba, como non hai collóns, os portugueses a foderse, aquí o imperialismo portugués é menos que marxinal.

4 O Príncipe dos Mouros

Ui, o reintegracionismo está que trina! Ven perigar a supervivencia do lustrapo e iso é bo sinal. Excelentes noticias! Adiante! :)

1 Akribéstaton

Não confundas os termos. Já era frouxo o café para tomá-lo reaquecido: quantas vezes vão falar de Wisconsin e Rei-Doval? E não só voltam mastigar o chiclete dessaborido, que querem fazer balões universais!!! Inchado vazio. Por essa regra, do grego clássico podemos dizer que é inter-galáctico.

3 Mirom

A mim isto pareceria-me óptimo se cumprisse dous requisitos: 1.- Utilidade e 2.- Não discriminação. A questão da utilidade é óbvia, pois trata-se dum investimento de dinheiro público, polo que a comunidade que investe esses fundos deveria ter direito a saber como e em que medida esse investimento é está justificado e resulta proveitoso. A segunda tem a ver com o feito demonstrado de que estes personagens têm tendência a discriminar aquilo que não controlam e que não lhes achega benefício pessoal. Comportamento este pouco democrático e pouco merecedor da confiança pública.

2 Serenidade

Peteiro, o que diz é certo, e o carácter internacional da nosa lingua non a fai mellor ás outras que non o son. O que non entendo é a vontade de ridiculizar os teus próprios fins que tes ti e algún outro reintegracionista, semellades estar ao servizo da dominación lingüística española.