O ministro Escrivá cre que fai falla un "cambio cultural" para traballar máis entre os 55 e os 75 anos

Avoga por desincentivar a xubilación anticipada

Por Europa Press / Redacción | Barcelona | 26/09/2021 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá, considera que "fai falla un cambio cultural en España" para seguir a tendencia europea de traballar cada vez máis entre os 55 e os 70 ou 75 anos.

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá | Fonte: Lorena Sopêna - Europa Press.

Nunha entrevista ao diario 'Ara', asegurou: "Nestas idades, por razóns demográficas e de calidade de vida, pódese traballar máis. E España é unha anomalía europea: non soamente non seguimos esta tendencia senón que reducimos a proporción de maiores de 55 anos en activo".

Preguntado por se o sistema de pensións é sustentable, respondeu que si e asegurou que conseguir que a idade efectiva de xubilación se achegue á idade legal é "o mecanismo máis potente" para a súa sustentabilidade, polo que o obxectivo do Goberno é que os desincentivos para a xubilación anticipada sexan máis efectivos.

Asegurou que o Executivo central ten o reto de reducir o déficit público estrutural e argumentou que en España non fan falla novos impostos senón "avaliar" as exoneracións e beneficios fiscais para ver se cumpren a súa función.

Afirmou que a ocupación xuvenil non substitúe a sénior e avogou por "xerar dinámicas dentro das empresas para que persoas de certa idade vaian cambiando a súa actividade, as horas de traballo, de dedicación...".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Agora xa imos cara á "Revolución Cultural" ? Cun 125% do PIB en Débeda Pública o menistro apunta a unha solución radical: morrer no posto de traballo é moito mellor que morrer de inanición cobrando unha pensión de miseria.... Seguiremos atentos a ver se tamén en Cataluña lles venden a moto e así Junts firma a paz social ao conquerir por fin os escravos que traballarán toda a vida por salarios de miseria (?)

1 Gamela

Goberne quen goberne, as pensións se defenden ! (mesmo se gobernara a UPG) https://sinpermiso.info/textos/movi...