A película en galego 'Eles transportan a morte' recibe unha mención especial no Festival de San Sebastián

A película está rodada integramente en galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

'Eles transportan a morte', película dirixida pola galega Helena Girón e o canario Samuel M. Delgado, recibiu unha mención especial na seción Zabaltegui-Tabakalera do Festival de Cinema de San Sebastián.

Segundo informaron a distribuidora deste filme, a película, rodada integramente en galego, recibe este recoñecemento despois de gañar o Premio Mario Serandrei-Hotel Saturnia á Mellor Achega Técnica na Semana da Crítica de Venecia.

'Eles transportan a morte' compite tamén na Sección Oficial do Ourense Filme Festival, que se celebra na capital ourensá esta semana.

Cartel de 'Eles transportan a morte'. BEGIN AGAIN FILMS
Cartel de 'Eles transportan a morte'. BEGIN AGAIN FILMS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta