A materia de Tecnoloxía Industrial si está autorizada no instituto de Oleiros, segundo a Xunta

Por este asunto, pais e nais dos alumnos afectados trasladaron un escrito á Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/09/2021 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

Os alumnos de segundo de Bacharelato do instituto Miraflores de Oleiros que elixiron a materia de Tecnoloxía Industrial, e cuxa supresión denunciaron os pais co curso xa iniciado, con clases impartidas e profesora asignada, poderán cursala e no seu propio centro.

Así o informaron a Europa Press desde a Consellería de Educación que precisaron que a materia "está autorizada". "Vana a poder ter no centro", apuntaron tras a denuncia do caso. "Probablemente houbo un problema de comunicación", dixeron en referencia ao instituto e ao insistir en que a materia está autorizada.

Por este asunto, pais e nais dos alumnos afectados trasladaron un escrito á Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

En concreto denunciaban que o pasado día 22 a dirección do centro comunicoulles que esta materia optativa non se podería seguir impartindo polo "baixo número de matriculados" e que o cinco alumnos deberían cambiar a configuración de materias.

"Tecnoloxía Industrial II, a pesar de ser optativa, é unha materia de continuidade, que xa foi cursada polo alumnado en primeiro", remarcaban os pais, que lembraban tamén que no IES Miraflores impártese a modalidade STEMBach, un bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía.

Román Rodríguez, conselleiro de Educación. XUNTA
Román Rodríguez, conselleiro de Educación. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta