Reunión este martes do comité de Alu Ibérica coa alcaldesa da Coruña e os portavoces da corporación

No encontro, a corporación trasladará "o apoio unánime aos traballadores e ás súas demandas", avanza tamén sobre o contido do encontro.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/09/2021 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada polo resto de portavoces da corporación, recibirá este martes, ás 11,00 horas, ao comité de empresa de Alu Ibérica.

Na reunión, solicitada pola Marea Atlántica, a rexedora "trasladará novamente o seu apoio incondicional ás demandas do persoal e reclamará á empresa non só o mantemento do emprego, senón tamén que garanta a continuidade da actividade industrial na cidade".

"A rexedora non só esixirá responsabilidades aos actuais propietarios da planta da Grela, senón tamén a Alcoa, especialmente despois de que o xulgado confirmase que non se cumpriron as condicións para laventa estipuladas no seu momento", explica o goberno local.

"Non existe ningunha razón para o peche da factoría", argumenta a rexedora. No encontro, a corporación trasladará "o apoio unánime aos traballadores e ás súas demandas", avanza tamén sobre o contido do encontro.

Traballadores de Alu Ibérica na Coruña mobilízanse ante a fábrica. COMITÉ DE EMPRESA DE ALU IBÉRICA
Traballadores de Alu Ibérica na Coruña mobilízanse ante a fábrica. COMITÉ DE EMPRESA DE ALU IBÉRICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta