A provincia de Pontevedra reivindícase como o destino turístico "máis potente de toda Galicia"

A Deputación celebra o Día Internacional do Turismo con cinco grandes nomes da gastronomía pontevedresa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2021 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, reivindicou a provincia pontevedresa como "o destino turístico máis potente de toda Galicia e un dos máis potentes do Estado" durante os actos do Día Internacoinal do Turismo.

O organismo provincial celebrou esta data da man de cinco grandes chefs que reinterpretaron no Pazo Provincial receitas das irmás Mendoza, unhas mulleres moi comprometidas coa vida cultural e a sociedade pontevedresa de finais do século XIX e principios do XX.

Segundo explicou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a degustación tivo como obxectivo facer un recoñecemento a todo o sector turístico dunha provincia que é "o destino turístico máis potente de toda Galicia e un dos máis potentes do Estado". Na súa intervención, Carmela Silva destacou que en Pontevedra "temos un sector privado comprometido, serio, que arrisca, que traballa pola calidade e que non se rendeu durante a pandemia".

Neste acto participaron Marcos Cerqueiro e Iago Pazos, de Loxe Mareiro (Carril, Vilagarcía); Natalia Guzmán (O Refuxio de Merza, Vila de Cruces); Iñaki Bretal (Eirado dá Leña, Pontevedra); Elisa (Mamá Lela) e José Bértolo de Casa Solla.

Ao acto asistiu unha gran representación do sector entre os que destacou a presenza de responsables do Clúster de Turismo, Feprohos, Aviturga, dos Festivais Rías Baixas, os CIFP Carlos Oroza e Manuel Antonio, Ruta da Sidra.

Carmela Silva lembrou que "se houbo un sector que padeceu o impacto da pandemia foi o turístico", e destacou que "con intelixencia, talento e creatividade" as empresas da provincia conseguiron "ser a envexa de todas e todos". "Gozar do privilexio de vivir nunha provincia máxica que permite que ocorran cousas marabillosas", proclamou a presidenta.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta