Os exames de recuperación da ESO dividen as CCAA: unhas manteranos e outras non

Galicia, entre as cinco comunidades que o farán.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 27/09/2021 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Polo menos cinco comunidades autónomas --Madrid, Murcia, Galicia, Andalucía e Canarias-- manterán este curso escolar os exames de recuperación en Secundaria (ESO), segundo aseguraron fontes das distintas autonomías. A ministra de Educación, Pilar Alegría avanzou que, a pesar da decisión de eliminar estes exames da ESO, establecerá unha moratoria para que aquelas autonomías que así o desexen manteñan as recuperacións este curso.

Alberto Núñez Feijóo, no inicio do curso escolar de Secundaria en Galicia
Alberto Núñez Feijóo, no inicio do curso escolar de Secundaria en Galicia | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo.

Pola contra, outras dúas comunidades --Comunidade Valenciana e Cataluña--, xa confirmaron que as eliminarán e outras aínda non teñen decidido que facer, como é o caso de País Vasco, Baleares, A Rioxa, Aragón e Asturias.

O proxecto de Real Decreto polo que se regula a avaliación, promoción e titulación en Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, dado a coñecer ás CCAA este mes de setembro, non preve a realización dos exames de recuperación na ESO, aínda que finalmente se establecerá unha moratoria para o presente curso.

Fontes ministeriais aseguran que o proxecto de Real Decreto non vai sufrir ningún cambio con respecto a este tema, pero dado que o curso xa está iniciado, incluirase unha disposición transitoria que, sen modificar o texto articulado, deixe ás comunidades decidir sobre este asunto para o presente curso.

O motivo polo que se engadirá esta disposición ao futuro Real Decreto, que debería estar aprobado a finais de outubro ou principios de novembro como tarde, segundo fontes ministeriais, é que as comunidades autónomas pediran a posibilidade de que este ano non se suprimisen os exames de recuperación. Outras, no entanto, consideraron boa a proposta e, de feito, anunciaron que estaban a traballar xa niso.

En Galicia, a idea tamén é manter os exames de recuperación este curso, aínda que aseguran que están á espera de que se concrete o real decreto, que cualifican de "ambiguo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta