Familias da Coruña inflarán globos en centros educativos para demandar que se cubran prazas de docentes

Farano baixo o lema "A piques de explotar!".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/09/2021 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Familias da Coruña inflarán este mércores globos ante centros educativos para demandar que se cubran as prazas de docentes "para a correcta atención do alumnado". Así o informa a plataforma 'Dereitos, Non Parches', que explica que se trata de "unha acción colectiva de protesta para visibilizar a situación límite que vive o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo pola infradotación docente".

"Tanto de profesorado especialista en atención á diversidade como de mestres xeneralistas", sinalan sobre unha convocatoria que se celebrará, antes da apertura dos centros nalgúns casos e noutra pola tarde, baixo a lema 'A piques de explotar!'.

Sobre a iniciativa, explican que se instou á familia a levar globos inflados e a atalos nas portas dos centros educativos para denunciar "que a situación pola escaseza de recursos persoais está a piques de explotar".

A protesta será ás 08,40 horas no CEIP Ramón da Sagra, ás nove nos centros Labaca, Emilia Pardo Bazán e Sanjurjo de Carricarte, na Coruña, e á mesma hora no CEIP Vila de Rutis, en Culleredo. Ás 09,10 horas, será no CEIP Ría do Burgo, tamén deste municipio coruñés, e ás 16,00 horas no CEIP Valle Inclán, de Oleiros.

Imaxe de recurso de alumnos nun centro educativo
Imaxe de recurso de alumnos nun centro educativo | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta